domingo, 31 de enero de 2010

DROJA NO COLA-CAO

       DROJA NO COLA-CAO

Este titular, ademáis dunha das entradas máis visitadas no youtube polos usuarios deste país, é un enunciado que sempre me trae á memoria a existencia dunha galicia profunda. Non ten por que ser mala cousa o de termos unha galicia profunda, tamén os americanos teñen o “deep south” e non andan polo mundo acomplexados (máis ben todo o contrario xa que adoitan andar a ostia limpa). Cando xunto as palabras “droja” e “cola-cao” volvo a ver aquel homiño xustificando un roubo por parte dunhas prostitutas. E un quere xuntar o verbo “merecer” e a palabra “meretrices” nunha mesma frase, polas ínfulas literarias e iso, pero se corta. E despois un pensa que o detalle do cola-cao é enternecedor. Un imaxínase ao home convidando ás meretrices a un cola-cao, se cadra a un merecido cola-cao, o home non se extendeu en detalliños; ainda que, alto, creo lembrar que a inxestión do cola-cao foi previa a calquera tipo de transacción carnal, e por iso tamén a carraxe do home: roubado, sen prestacións sexuais e coas existencias de cola-cao minguadas. Un imaxina as mulleres sorbendo o leite con cola-cao con aqueles beizos pintados por lapis de terceira división, cos olliños postos no paisano, nas reaccións do paisano, nos olliños do paisano que se iban volvendo cada vez máis pequenos... parece talmente unha película dos irmáns Cohen, co que voltamos ao “deep south”, e tamén á esa galicia profunda que levamos no ADN igual que levamos a retranca sempre disposta a sair a superficie. Só que no caso dos americanos, eles seguro que sacaban tallada de todo isto: seguro que xa lle tiñan sacado un bo feixe de billetes a Nutrexpa pola propaganda dun dos seus produtos estrela. Por non falar da cancha que se lle ofrece a Nesquick con toda esta historia...

martes, 26 de enero de 2010

OS ESQUELETES VAN A PILATES

OS ESQUELETES VAN A PILATES

Se vos chama a atención este título, non vos deixedes enganar: os títulos están aí precisamente para iso. Porén, este recolle totalmente o argumento que vou desplegar diante vosa. Velaí vai.
Poñamos que visito con certa frecuencia certo ximnasio, co obxecto de suar un pouco e despois ducharme. Sería demasiado suar e non ducharse despois. Quero dicir, co ximnasio cubro a cota de masoquismo que temos que encher nas nosas vidas, o outro xa sería masoquismo patolóxico, vicio vaia... Pois supoñamos que estamos na cinta esa que está alí posta para que ande máis ca ti e ti te empeñes en levarlle a contraria, e estás alí cos teus auriculares de autista de ximnasio federado, escoitando a música que che gusta, por contrarrestar o de corre na cinta, que non che gusta nadiña, pero o fas por suar e logo ducharte, xa o dixemos... e entón, dende a túa atalaia móbil ves pasar un día tras outro un grupiño de xente que se dirixe a sala de Pilates (que chamaremos de Dislates, e explicaremos por qué, polo mesmo prezo). É un bo día daste conta, coma si alguén encendera unha luz nun cuarto as escuras, que mira que haiche cantidade de cousas nas que nunca reparamos nesta vida, digo daste conta de que todas esas persoas que van a Dislates teñen algo en común. Sexan homes, mulleros, altos ou baixos, mozos ou maiores. Todos e todas semellan ter unha estrutura ósea moito máis desenvolvida que o resto dos mortais. Como se tiveran máis osos dos normais ou máis a vista, polo menos. Ata que chegas a decatarte de que o que ocorre e que carecen case totalmente de todo o que non é óso, ou sexa, graxa, músculo, carne. Si, amiguiños, un bo día aí no ximnasio, éche revelado este tremendo segredo: os usuarios de Dislates son entes esqueléticos. E comezas a reflexionar, rexeitando as punzantes gañas de compadecelos. Non che hai coma a reflexión para facer de antídoto da compaixón. E das en pensar que é natural que eses esqueletes se vexan apreixados polo Dislates: carecen de musculatura para levantar pesas, de resistencia para correr na cinta, do que raio faga falta para facer iso do aerobic... por eso sempre ves ese grupiño de almiñas sen corpo, ese fato de seres espirituais de andar lixeiro e olleiras, ir hacia a sala de Dislates coma ouvelliñas a unha concentración pacífica. Bueno, para ser exactos, houbo un día que vin entre eles un home máis ben gordecho, pero foi a primeira e única vez que ocurriu. Coñécese que cando botou unha ollada, decatouse de que, visto o visto, el non necesitaba facer exercicio, xa estaba preparado de sobra para a vida moderna. E, a todo isto, que conste que non teño nada contra os esqueletes que fan Dislates no ximnasio onde vou, nin contra os esqueletes en xeral. Ata coñezo a varios deles e/ou delas e incluso cáenme ben algúns e/ou algunhas.
Pero, e remato co quid da cuestión, a reflexión tamén me levou a desenmascarar aquela tremenda charada, e á convicción de que o verdadeiro nome daquilo que aquela tropa practicaba era "Dislates".
Porque é ben sabido que o Pilates é unha técnica baseada no traballo dos músculos por separado, sen que interveñan outros que os que queres tonificar específicamente, e que niso se distingue da ximnasia convencional, coa que fas exercicios de abdominais e escarallas o pescozo e cousas polo estilo. Repito, “traballo dos músculos por separado”. E como raio te pos a facer Pilates se non tes un só músculo?, se eres un saco de ósos que non pode facer ningunha actividade física ofertada por un ximnasio na que interveña a musculatura? Este é o grande paradoxo dos esqueletes que fan Pilates, digo Dislates.