(tamén podería ir sin el)
pero hoxe toca alugalo no peirao:
vou facer de figurante
nunha posta de sol.
non sei cando escomezei con isto,
deixarme levar polas pombas das horas,
que non voltan ao pombal,
doar o meu sangue
a unha vida melancólica...
non me vai tan mal, paso
case sempre inadvertido,
aprendo das paisaxes e da xente,
dos acenos, das miradas...
mergullado no ar e no presente,
non teño máis vicio que vivir.


3 comentarios:
Atendes peticións! Gracias. Abraiante! Nunca fun quen de facer poesía, pero ti es un pozo de sorpresas, un todoterreo da literatura.Alguén vai descubrirte un de estes días e deixarás de falar connosco. Viva Manuel!
Preciosa! Y ese final impresionante "non teño máis vicio que vivir".
Manuel me repito... eres genial!
Gracias Cota, gracias Julia. E un luxo ter lectores coma vos.
Publicar un comentario en la entrada