viernes, 15 de junio de 2012

RESCÁTAME DUNHA VEZ !


A cousa está como para escribir unha entrada sobre economía. Cada media hora. E sobrarían temas, chascarrillos, anécdotas, reflexións... bueno, esto das reflexións, falando de economía, é unha figura literaria. Unha figura literaria é o que non topou o noso presidente do goberno, para sustituir a palabra rescate. Non sei por qué raios non podemos ser nós rescatados, qué teñen os gregos, os portugueses e os irlandeses que non teñamos nós. Iso do rescate éche moi glamouroso, haiche que ter certo pedigree para que te veñan rescatar. Aínda que sexa un pedigree de irresponsables, incompetentes, trampulleiros, mangantes ou estafadores. Cómo andaba o choio que as caixas de aforros acabaron timando a velliños analfabetos para se quedar cos seus aforros. Claro, por iso eran caixas de aforros. Quitábanche os cartos para aforrarte o traballo de administralos.
Despois está Angela Merkel, a teutona, e non intento facer xogos de palabras. Angela Merkel merece un post para ella sola, o malo é que, se llo damos, vaino querer con dous puntos máis de IVE. A min esta muller meréceme moito respeto, de feito penso que é mellor presidenta do goberno que calquera presidenta do goberno española. Iso discútollo a calquera. Claro que gobernar alemáns non é coma gobernar españois, onde vai parar. Os alemáns gobérnanse soíños e aquí tes que andar a gorrazos. Que hai moito gorrón aquí, quero dicir. En Alemaña hai moitos lands (dezaseis) pero van todos a unha, que parecen Fuenteovejuna con porte marcial. Aquí vai cadaquén á súa, e así nos vai. Bueno, hainos que queren unha para eles sós. Canto dano fixo o franquismo, miña nai. Agora xa non se fala moito de centralismo pero quintuplicáronse os nidos de chupóns e temos a Administración con obesidade mórbida galopante. Eu metería o bisturí e colocaría un balón deses, agora que a selección de fútbol por fin gaña torneos. Xusto cando nos rescatan, mira ti. Que se gañamos a Eurocopa van dicir os rescatadores: mira estes.
A probabilidade de que te veñan rescatar é directamente proporcional á cantidade de ladróns de garabata que ten un país, por iso non sei porque o noso presidente négase a chamarlle ás cousas polo seu nome. Pero o máis bonito é que os cartos eses vanllos dar aos dos bancos!. Isto non é Europa, isto é a casa de tócame Roque, quen, por certo, debía ter moito sex appeal. Imaxinen, a xente sen traballo, os bancos a roubar, os políticos a seguir roubando e nós chamando a Roque por toda Europa adiante, que nos veña a tocar... a zanfoña!.

8 comentarios:

Tareixa dijo...

Zanfoña:

http://www.youtube.com/watch?v=mm4kYZZvFUM

Julia dijo...

Eu chamo a Roque pero non me contesta :(

Moi bo Manuel o humor negro dáseche as mil marabillas!

Biquiños

Manuel dijo...

Ostras, Tare: Amancio Prada cando aínda tiña dentes!. Estiven moi enganchado do seu "Leliadoura".
Julia: o Roque ese gastou un pastón en publicistas, non fagas caso. E grazas por recoñecer o meu humor interracial. : )

Tareixa dijo...

Añado que el titulo es muy sugerente y tiene o contiene connotaciones sexuales. A saber que haces en inmuebles pagados por la política perniciosa, romántica entrañable (véase artículo anterior)

Después vienes a contar cosas raras de Merkel y Rajoy ¡pandilla¡

Guillerme Fróilaz de Traba dijo...

Aún estás a tiempo de acercarte a Bueu y beberte el Bloomsday del porcobravismo con los sospechosos habituales.

Zanfoña ¡

Manuel dijo...

Tare, no hay que buscarle tres pies al gato: todo es más sencillo de lo que parece. Yo soy un pringado que hace historias con el pringue de la vida.
Querido Guillerme: me había olvidado de la cita porcobravísima por diversos motivos que me tienen ocupado, salvo breves recesos para revisar comentarios del blog. No va a poder ser esta vez, pero os sigo, os seguimos, Cota y yo, la pista con mucha atención.
Que tengais un glorioso Bloomsday!!

Tareixa dijo...

Así que te invitaron a su testicular reunión los chicos estos. Debiste caer en gracia a esta secta. A las niñas nada de nada, misóginos ellos.

Por otra parte, ya sé e imagino que inventas mucho al escribir, es tu segundo oficio, lo que comento es para provocar, no busco ninguna pata a mayores de ningún gato ni mesa. A ver si a estas alturas no nos entendemos... ;)

Manuel dijo...

Tare, así que no invitan a chicas... ummmmm, cada vez me caer mejor los porcos estos ; )